RAPOSO OURENSE | ||||||||||||||||||
A cuadrilla Lamela foi a gañadora do Campionato Provincial de Ourense de Caza de Raposo | ||||||||||||||||||
17/1/2011 | ||||||||||||||||||
O pasado 15 de xaneiro celebrábase o Campionato Provincial de Ourense de Caza de Raposo, que tiña lugar no Tecor das Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia, e organizaba a Federación Galega de Caza en Ourense en colaboración coa citada sociedade. Participaban na proba un total de 5 cuadrillas de toda a provincia, resultando gañadora “Lamela”, da sociedade de Nogueira de Ramuín ao capturar 3 raposos. A cuadrilla “Boborás” da sociedade do mesmo nome remataba no segundo posto con 2 raposos cobrados. Os mesmos capturaba a cuadrilla “Europa” da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia, que remataba no terceiro posto. Estas tres primeiras cuadrillas clasifícanse para o vindeiro Campionato Galego da modalidade.
| ||||||||||||||||||