RAPOSO LUGO
A cuadrilla “Ganados Blanco” gaña o Provincial de Raposo de Lugo
11/1/2011

O pasado 8 de xaneiro celebrábase o Campionato Provincial de Lugo de Caza de Raposo, que tiña lugar nos Tecores das Sociedades “Lamagrande”, “Corgo” e “Santa Bárbara”, e organizaba a Federación Galega de Caza en colaboración coas citadas sociedades de cazadores.

Participaban na proba un total de 20 cuadrillas de toda a provincia, resultando gañadora “Ganados Blanco” ao capturar 2 raposos. Os mesmos capturaba a cuadrilla “Pasarela” que remataba no segundo posto, e o mesmo número capturaba tamén a cuadrilla “Non me quentes a cabeza” que acadaba o terceiro posto.

Estas tres primeiras cuadrillas clasifícanse para o vindeiro Campionato Galego da modalidade.

Pos Cuadrilla Capturas
Ganados Blanco 2 raposos
Pasarela 2 raposos
Non me quentes a cabeza 2 raposos
Hermunde 2 raposos
Muxís 2 raposos