CAMPIONATO DE ESPAÑA |
O aragonés Xabier Arizabálaga impúxose no nacional de arceas |
10/1/2011 |
As localidades coruñesas de Carballo e Coristanco acollían esta fin de semana a vixésima edición do Campeonato de España de Caza de Becadas, no que participaron 38 cazadores que representaban ás federacións autonómicas de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, Castela e León, Aragón, A Rioxa, Cataluña, Madrid, Comunidade Valenciana, Andalucía, Baleares e Extremadura. Con tres arceas –1475 puntos-, o cazador da federación autonómica de Aragón, Xabier Arizabálaga, impoñíase como campión absoluto da proba no tecor da Sociedade de Cazadores de Coristanco. Segundo foi o campión da pasada edición, Iñaki Toledo, do País Vasco, que con duas arceas –1000 puntos- non conseguía revalidar o título da campión da pasada edición; mentres que a terceira praza sería para o valenciano Gustavo Fabregat, con unha arcea –500 puntos-. En cuarto e quinto lugar, tamén cunha arcea, clasificábanse Roberto Marañón da Rioxa e Pedro Alemani de Baleares, respectivamente. O equipo galego, que partía entre os favoritos, non puido facerse con ningún título: “a climatoloxía tampouco axudou moito” apuntaba un dos seus integrantes ao referirse ao mal tempo reinante, co predominio de moito choiva e moito vento “tan só duas horas escampadas durante as cinco que durou a proba”. Os actos comezaban o venres dia 7 coa recepción de participantes, e tras o sorteo de xuíces desenrolábase a cea oficial de inauguración, á que asistían ademáis dos participantes, xuíces e delegados autonómicos, numerosas autoridades federativas e políticas de ámbito local, provincial, autonómico e estatal. Durante a competición, que se disputaba o sábado dia 8 dende as 9 da mañá ata as 14.30h cobráronse 10 arceas e avistáronse máis de 30. Tras a entrega de premios aos campións e posterior clausura por parte das autoridades, os participantes, xuíces e organización desplazáronse a un restaurante da localidade para celebrar un xantar de confraternidade antes de regresar aos seus respectivos destinos. Foi esta a cuarta ocasión na que Galicia acollía unha final nacional de arceas; anteriormente a Federación Galega de Caza, por delegación da RFEC, xa celebrara nas localidades de Noia, Friol e Cospeito sendas finais do campionato nacional. |