GALEGO CAZA MENOR
Bernardo Traseira Rois gaña en Outeiro de Rei o Campionato Galego de Caza Menor
29/11/2010

O concello lucense de Outeiro de Rei acollía o pasado 27 de novembro o vixésimo cuarto Campionato Galego de Caza Menor, que organizaba a Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade Santa Isabel.

Participaban os 21 cazadores clasificados para este Campionato (6 pola Coruña, 5 por Lugo, 4 por Ourense, 6 por Pontevedra), mailo Campión da edición anterior. A proba desenrolouse nuns terreos con abundante caza, o que propiciou unha intensa xornada cinexética.

Rematada a proba era o cazador lucense da Sociedade Carvallido-Bóveda, Bernardo Traseira Rois, quen resultaba gañador e Campión Galego ao capturar 3 pezas e acadar 1510 puntos. O segundo clasificado era o participante da Sociedade de Trazo, de A Coruña, Manuel Mariño Boquete, con 2 pezas e 1020 puntos. Finalmente era Valentín Álvarez Expósito, da Sociedade Tomiñesa de Pontevedra, quen con 2 pezas e 1000 puntos remataba no terceiro posto.

Pos Participante Punt.
Bernardo Traseira Rois 1510
Manuel Mariño Boquete 1020
Valentín Álvarez Expósito 1000
Rubén Boquete Varela 950
Jorge Vázquez Iglesias 800