ARCEAS OURENSE | ||||||||||||||||||
Roberto Miguélez, da Sociedade Xinzo, novo campión provincial de Ourense de Caza de Arceas | ||||||||||||||||||
23/11/2010 | ||||||||||||||||||
O Tecor da Sociedade de Caza “Nogueira de Ramuín”, no concello de Nogueira de Ramuín, acollía o pasado 20 de novembro unha nova edición do Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas, que organizaba a Federación Galega de Caza en Ourense en colaboración coa Sociedade de Caza “Nogueira de Ramuín”. Participaban un total de 10 cazadores na proba, sen embargo a ausencia de capturas fixo que a clasificación se decidise por sorteo. Así, o gañador era Roberto Miguélez Saínza, segundo clasificado era José Luis Méndez e finalmente Jaime Pintos era o terceiro clasificado.
| ||||||||||||||||||