ARCEAS LUGO | ||||||||||||||||||
José Manuel Díaz, da Sociedade Chamoso, gaña no Campionato Provincial de Lugo de Caza de Arceas | ||||||||||||||||||
23/11/2010 | ||||||||||||||||||
O Tecor da Sociedade de Caza “Val de Lemos”, no concello de Monforte de Lemos, acollía o pasado 20 de novembro unha nova edición do Campionato Provincial de Lugo de Caza de Arceas, que organizaba a Federación Galega de Caza en Lugo en colaboración coa Sociedade de Caza “Val de Lemos”. Entre os 28 os cazadores que tomaban parte na proba, era José Manuel Díaz, cunha arcea, quen se proclamaba Campión Provincial. O segundo clasificado era Antonio González quen tamén capturaba unha arcea. Finalmente Francisco Diéguez era o terceiro clasificado, tamén cunha arcea capturada.
| ||||||||||||||||||