ARCEAS CORUÑA | ||||||||||||||||||
Ramiro Lamas, da Sociedade Alcaian, foi o gañador do Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas | ||||||||||||||||||
23/11/2010 | ||||||||||||||||||
O Tecor de Bergantiños Norte, nos concellos de Carballo e Laracha, acollía o pasado 20 de novembro unha nova edición do Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas, que organizaba a Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade Venatoria Bergantiños. Entre os 27 os cazadores que tomaban parte na proba, era Ramiro Lamas, cunha arcea, quen se proclamaba Campión Provincial. O segundo clasificado era Antonio Chamorro quen tamén capturaba unha arcea. Finalmente Miguel López era o terceiro clasificado.
| ||||||||||||||||||