USO DE VELENO
Castigo e escarmento para os envelenadores
26/10/2010

A noticia do envelenamento de cans o pasado domingo no concello coruñes de Padrón enche de tristeza e indignación ao colectivo de cazadores galegos. A Federación Galega de Caza ven de condenar, sen paliativos, este atentado ambiental producido polo uso ilegal de veleno nos montes, ao tempo que amosa a súa  firme vontade  de colaborar para que dunha vez por todas remate este tipo de accions, minoritarias afortunadamente, que atentan contra bens e intereses colectivos, ou privados, pero que tamén salpican o bo nome dos colectivos rurais, entre os que está o dos cazadores.

Estes actos non son admisibles nunha sociedade desenrolada, e un estado de dereito non debe consentir de forma impune este tipo de actuacións que exercen uns poucos, que coa súa conducta e consecuencias convértense en delincuentes, e por tanto deben ser sometidos ao imperio da lei.

A Federación Galega de Caza, manifesta a solidaridade dos cazadores galegos cos seus compañeiros de Padrón,  e a través da sociedade de caza da zona ven de poñerse a dispor dos afectados, ao tempo que reclama das autoridades o esclarecemento dos lamentables feitos, a localización dos autores de semellante barbarie,  e a aplicación das sancions previstas na vixente normativa para os culpables. Non se pode esquecer que o uso ilegal do veleno, ademais dunha falta administrativa, pode ser constitutivo de un ilícito penal que pode levar aparellado penas de cárcere.