CAMPIONATO MUNDO SAN HUBERTO
O cazador galego Víctor Villar, novo Campión do Mundo de San Huberto na categoría Springer
19/10/2010

O cazador pontevedrés Víctor Villar ven de colleitar un novo éxito para o noso deporte ao acadar a medalla de ouro no Campionato do Mundo de San Huberto, na categoría Springer Spaniels, na gran final que se disputaba o pasado fin de semana en Senec (Eslovaquia), ao que acudía coa selección Española da modalidade, tras proclamarse subcampión de España.

O galego xa viña de acadar un excelente resultado o pasado ano nesta mesma competición, ao rematar subcampión por equipos na categoría de Springer Spaniels.

Ademáis, xunto co cazador madrileño Miguel Fornell, Víctor Villar proclamouse subcampión do Mundo por equipos, o que o levou de novo ao podio.