VOLTA AO MONTE
Arranca a tempada de caza menor en Galicia
15/10/2010

En Galicia practican a actividade cinexética algo máis de 50000 cazadores, dos que un 50% van á caza menor, un 20% á maior, e o 30% restante practican ámbalas-dúas. Unha boa parte deles sairán aos montes galegos o vindeiro domingo coa ilusión de facerse coa primeira percha da tempada e disfrutar co traballo dos seus cans. Os  cazadores que exercen a caza maior véñeno facendo desde o último domingo do mes de agosto cando arrancaron as batidas do corzo e xabaril.

As espectativas para a caza menor seguen a ser baixas en todo o norte de España. En Galicia, dentro da escaseza de capturas das últimas tempadas, cabe salientar que este ano, de momento, non se detectaron focos importantes de enfermidades no coello, e que a perdiz criou ben, o que apunta a unha tempada algo mellor que as anteriores. A climatoloxía parece sumarse tamén a que este primeiro día de caza sexa favorable para disfrutar do monte.

Desde a Federación Galega de Caza, o seu presidente, Gómez Cortón, un ano máis, fai un chamamento ao colectivo para que se extremen as medidas de seguridade “facendo da caza unha actividade responsable e segura, baseada no respecto ao medio e aos disintos intereses que conflúen nel, o que permitirá disfrutar plenamente dos lances de caza nese medio rural vivo que todos desexamos