COELLO PONTEVEDRA
Xoan Castaño Conde convírtese no Campión Provincial de Pontevedra de Rastro de Coello
13/9/2010

O pasado 11 de setembro tiña lugar no Tecor “Santa Bárbara das Neves” en As Neves, o XVII Campionato Provincial de Pontevedra de Rastro de Coello, que organizaba a Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración coa Sociedade de Caza “Santa Bárbara das Neves”.

O gañador da proba e Campión Provincial era Xoan Castaño Conde co seu lote formado por “Tina”, “Vaira”, “Valiña” e “Volta”, que acadaba 530 puntos. Outro lote do mesmo concursante formado por “Vento”, “Emir”, “Dakar” e “Eito” acadaba o segundo posto ao rematar con 519 puntos. Terceito clasificado no campionato era Roberto Rodríguez Quintas, cos 487 puntos que acadaban “Gitana”, “Pancho”, “Linda” e “Moro”.

O mellor can da proba era “Norry”, un podenco co que participaba Carlos Taboas Orge, que acadaba 145 puntos na proba.

Pos Participante Cans Punt.
Xoan Castaño Conde Tina / Vaira / Valina / Volta 530
Xoan Castaño Conde Vento / Emir / Dakar / Eito 519
Roberto Rodríguez Quintas Gitana / Pancho / Linda / Moro 487
Carlos Taboas Orge   430
Julio González Souto   410