REUNIÓN MEDIO RURAL
O Conselleiro do Medio Rural e o Presidente da Federación Galega de Caza acordan fomentar a colaboración
4/8/2010

Tras a entrevista que mantiveron onte martes, 3 de agosto, o Conselleiro do Medio Rural da Xunta de Galicia, Samuel Juárez e o Presidente da FGC, púxose de manifesto, unha vez máis, que a suma de esforzos para a mellora da actividade cinexética debe seguir sendo a principal liña de traballo entre ambas institucións.

Durante a reunión revisaron os principais asuntos que preocupan aos cazadores galegos, deténdose de xeito especial nos danos producidos polas especies silvestres. Ambos constataron que tanto a administración como os cazadores amosan especial inquedanza e interese por esta materia, e extremarán as medidas tendentes a diminuír eses danos, así como a tensión social que xeneran.

En relación cas declaracións realizadas o pasado mércores, dia 28 de xullo, polo Presidente da Xunta de Galicia sobre a caza e os touros, e que o propio Núñez Feijoo emendou nunha entrevista publicada no Faro de Vigo do 1 de agosto, onde preguntado sobre o particular, declarou: “Pido disculpas si no estuve muy agudo en la comparación. Quería decir que si nadie discute la libertad para cazar tampoco nadie debería discutir la libertad para ir a una plaza de toros...”, hai que engadir que o Conselleiro do Medio Rural transmitiu ao Presidente da FGC unha mensaxe de serenidade, e amosou a sua intención de manter as liñas básicas da políctica cinexética plantexadas na actualidade.

Durante o acto tamén asinaron un convenio de colaboración, análogo ao que suscriben cada ano nestas datas ambas institucións. As actividades que se recollen no convenio tratan de mellorar a formación, a información e a seguridade, así como perfeccionar o coñecemento da actividade cinexética a través do Observatorio da Caza.

Xa na rolda de prensa posterior, o Conselleiro avaliou positivamente a realidade da caza social galega, e a vinculación dos cazadores co medio rural, así como a importancia económica da actividade.

O Presidente da FGC resaltou ante os medios de comunicación presentes, a importancia da caza como instrumento de xestión dos espazos, e destacou que se trata dunha actividade sostible; imprescindible como elemento regulador das especies silvestres, en relación coa nosa agricultura e gandeiría.