CIDADE FERROL |
Celebrada a quinta edición do Trofeo Internacional Cidade de Ferrol |
3/8/2010 |
O pasado fin de semana tiña lugar en Ferrol (A Coruña) a quinta edición do Trofeo Internacional “Cidade de Ferrol” que organizaba unha vez máis a Sociedade de Cazadores “Urogallo” de Ferrol en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña e o Concello de Ferrol. O Trofeo contaba este ano con tres probas puntuables para as respectivas Copa Galicia: San Huberto, Rastro de Coello e Rastro de Xabaril. O sábado 31 de xullo disputábase a proba de San Huberto onde tomaban parte arredor de 50 cazadores entre os que se atopaban participantes de toda España, norte de Portugal e sudoeste de Francia. Ao remate da proba foi o galego Jorge Martín Sánchez quen se proclamaba gañador, sendo segundo clasificado o tamén galego Rubén Boquete Varela. O terceiro posto era para José Antonio del Río Colías, de Valladolid. Na modalidade de spaniels gañaba o madrileño Miguel Fornel, sendo segundo Javier Núñez, de Guadalajara e rematando terceiro Francisco López Hernández, tamén de Madrid. |