COELLO RIVEIRA | ||||||||||||||||||||||||
Luis Rodríguez Vaamonde gaña o Campionato de Rastro de Coello Cidade de Riveira | ||||||||||||||||||||||||
19/7/2010 | ||||||||||||||||||||||||
O pasado 4 de xullo disputábase no Tecor “Barbanza” en Riviera (A Coruña), o I Campionato de Cans de Rastro de Coello “Cidade de Riveira”, puntuable para a Copa Galicia da modalidade e que organizaba a Sociedade de Caza e Pesca “Barbanza” en colaboración coa Federación Galega de Caza en Pontevedra. Tomaban parte na proba un total de 25 lotes de cans, resultando gañador da proba Luis Rodríguez Vaamonde ao acadar un total de 478 puntos. Segundo clasificado foi Juan Carlos Casa Cambón, que rematou cos 475 puntos do seu lote. Os cans de Alfonso Rey Baulde acadaron 473 puntos, dándolle o terceiro posto da proba.
| ||||||||||||||||||||||||