CAZA / TIRO |
O Campionato de España de Percorridos de Caza deixa na Comarca de Santiago máis de medio millón de euros |
15/7/2010 |
Na competición, participaron finalmente 290 tiradores de tódalas comunidades autónomas, mesmo estranxeiros, dos 312 tiradores preinscritos. Santiago, 15 de xullo.- Entre os días 1 e 4 de xullo as instalacións da S.D. Rio Sar, en Trazo e Val do Dubra, eran un fervedeiro, un ir e vir de xentes; os campos de tiro de Vilouchada en Chaián e Pedra Facha en Niveiro eran o punto de referencia do tiro cinexético nacional. Acollían, nesta ocasión, a trixésimo sexta edición do Campionato de España de Percorridos de Caza con pratos, puntuable tamén para o Grand Prix Fitasc. O gañador absoluto foi o tirador da Rioxa, Diego Martínez, mentres que o representante da selección galega, o ferrolán Anxo Mosquera, proclamábase medalla de ouro en superveteranos. Precisamente Mosquera participará no próximo Campionato do Mundo de Compak Sporting –outra das disciplinas de tiro cinexético ENQUISA A PÉ DE CAMPO Por segundo ano consecutivo –xa o pasado ano con motivo da celebración do campionato de España de Compak Sporting fixeran o mesmo- os organizadores da competición realizaron, o último día do campionato, unha enquisa a pé de campo sobre diferentes aspectos do campionato co obxecto de coñecer e mellora-la súa temática de cara á realización de futuros eventos de alto nivel. A enquisa levouse a cabo sobre unha poboación de 290 participantes e foi respostada por 256, o que supón unha alta porcentaxe de participación neste tipo de estudios, un 88,30%. Aspectos económicos Como datos máis salientables, cabe subliña-lo número de persoas que acompañaron aos tiradores, unha media de 2 acompañantes por tirador -2,13 para ser exactos-, é dicir unhas 900 persoas diarias -3600 personas durante os catro días que durou a competición- achegáronse ata Santiago e alrededores na primeira fin de semana do mes de xullo. Éstas deixaron na comarca compostelana, principalmente nos municipios de Santiago, Val do Dubra, Trazo e Ordes, máis de medio millón de €uros -uns 125.000 €/diarios, é dicir unha media de 431 €/tirador/día, arredor de 140 por persoa/día. Ás cifras anteriores haberá que engadirlle ademais o importe económico xerado pola propia competición, alomenos outros 100.000 €uros a maiores correspondentes ás inscricións dos tiradores no Campionato e aos, aproximadamente, 100 membros da organización: árbitros, maquinitas, ténicos, organizadores, delegados autonómicos, etc., que tamén se desprazaron á capital galega. Valoración Organización.- Ao ser preguntados pola organización da competición, os tiradores calificábana de sobresaliente -o 44% puntuaba entre 9 e 10; e o 42% entre 7 e 8; e un 14% avaliaba con 6 ou menos. Información e divulgación. No referente á información e divulgación do campionato, os tiradores valoraban cun notable alto a divulgación pero castigaban á organización pola case nula repercursión informativa nos medios de comunicación xeralistas –o 30% avalia entre 9 e 10 a información recibida, mentres que o 46% puntua entre 7 e 8; e o 22% calificaa con 6 ou menos Aspectos técnicos No aspecto puramente técnico, os participantes calificaron o montaxe técnico dos campos de tiro con sobresaliente. Máis do 57% dos tiradores valoraban entre 9 e 10 o de Vilouchada en Chaián mentres que o de Pedra Facha en Niveiro era avaliado coa mesma puntuación anterior polo 54%. O nivel de dificultade das traxectorias era considerado alto polo 90% dos participantes que o calificaron entre un 7 e un 10. Distancia entre os dous campos de tiro. A enquisa pon de manifesto que un dos inconvintes da competición foi a distancia existente entre os dous campos de tiro, arredor de 7 kms., polo que a pesares de existir servicio gratuito de transporte entre as dúas instalacións, que certamente era avaliado positivamente -o 65% dos enquisados puntuábano entre notable e sobresaliente- os tiradores puntuaban maioritariamente (un 58%) a distancia entre ámbolos-dous campos de tiro entre un 5 e un 8. Nivel de satisfacción persoal. O 75% das persoas que competiron en Rio Sar fóronse de Galicia cun nivel de satisfacción persoal moi alto –entre o 7 e o 10- |