RASTRO XABARIL
Fontenla Filgueira, novo Campión Galego de Rastro de Xabaril
10/7/2010
Os mellores monteiros galegos dábanse cita o pasado sábado -10 de xullo- para disputa-la final do campionato Galego de Rastro de Xabaril, clasificatorio para a formación da selección galega que acudirá o vindeiro 18 de setembro a Sabiñánigo (Huesca) para disputa-lo campionato de España.

A competición, na que tomaban parte 34 cazadores de toda a comunidade, tiña por escenario os preciosos paraxes do tecor da sociedade de cazadores A Tomiñesa. O campionato que comezaba ás 9,30 horas desenvolvíase en dous campos, dos que pasaban á final os seis mellores monteiros de cada campo. A final, a dicir de tódolos participantes, foi durísima, o día extraordinariamente caluroso dificultaba a actuación dos cans, e a maiores o rastro estaba moi duro.

O cazador pontevedrés, Álvaro Fontenla Filgueira, da sociedade de caza Pequenos Monteros, que competía co can Terco, de raza griffón azul, proclamábase campión absoluto con 185,5 puntos

Subcampión e medalla de prata, con 183 puntos, foi, o cervense, Benjamin Puente, da sociedade de caza Azor, que participaba con Pol, un cruce de sabueso.

A medalla de bronce era para o cazador de Oroso, José Manuel Barreiro, da sociedade de caza Riberas do Tambre, que competía co sabueso Brus (166 puntos).

A proba foi xulgada polos árbitros da Federación Galega de Caza José Barreiro, Raúl Cartea, Honorato Martínez e Santiago Vigo.

A organización correu a cargo da Federación Galega de Caza, en colaboración coa Federación Provincial de Pontevedra e coa sociedade de cazadores A Tomiñesa.

Pos Participante Can (Raza/Sexo) Puntos
Alvaro Fontenla Filgueira Terco 185,5
Benjamín Puente Elemparte Pol 183
José M Barreiro Rivadas Brus 166
José Pedre Pernas Ney 164,5
Generoso Aragunde Abalo Sofi 164,5