XABARIL OURENSE | ||||||||||||||||||||||||
Alejandro Couso Rosario co seu can Indio é o campión provincial do Primeiro Campionato de Ourense de Rastro de Xabaril | ||||||||||||||||||||||||
27/06/2010 | ||||||||||||||||||||||||
O pasado 27 de xuño tiña lugar no tecor da Sociedade de Caza de Ladairo en Verín (Ourense) o Primeiro Campionato Provincial de Ourense de Cans de Rastro de Xabaril, puntuable para a Copa Galicia, que organizaba a Federación Galega de Caza de Ourense en colaboración coa Sociedade de Caza de Ladairo. Participaron un total de 15 cans pertencentes a 13 monteiros. Remataba a proba era Álvaro Fontenla Filgueira da provincia de Pontevedra o que se proclamaba vencedor con 240,5 puntos con Terco. Segundo clasificado era José Manuel Barreiro Rivadas quen con Brus acadaba 237,5 puntos. O terceiro posto correspondía a José Manuel Yáñez Castro con Ron que remataba a proba con 225,5 puntos. O primeiro participante da provincia de Ourense e, polo tanto campión provincial da mesma, correspondía a Alejandro Couso Rosario co seu can Indio que acadou 182 puntos.
| ||||||||||||||||||||||||