PERCORRIDOS DE CAZA
Antonio Iglesias Otero Campión en Rio Sar do Campionato Galego de Percorridos de Caza
20/06/2010
O pasado 20 de xuño disputábase o XXIII Campionato Galego de Perocrridos de Caza no Campo de tiro “Rio Sar” en Vilouchada, Chaián (Trazo), organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade Deportiva “Rio Sar”.

Na proba, que se disputaba a 150 pratos, participaban un total de 66 tiradores, sendo o gañador absoluto e Campión Galego Antonio Iglesias Otero, que escachaba 125 pratos. O segundo posto era para David Seoane Viaño que escachaba 121 pratos. Terceiro clasificado foi Diego Antelo Noya que escachaba 120 pratos.

Por categorías, o gañador en seniors era o propio Antonio Iglesias Otero. En veteranos o campión foi Jaime Vilas Pereira, que escachaba 111 pratos, mentres que en superveteranos gañaba Angel Mosquera Rodríguez, que escachaba 105 pratos. Na categoría de xuvenís o primeiro era Manuel Garrido Brito, con 100 pratos escachados.
CLASIFICACIÓN XERAL ABSOLUTA
Pos Tirador Cat Prov Pratos
Antonio Iglesias Otero S CO 125
David Seoane Viaño S CO 121
Diego Antelo Nya S CO 120
Jose A. Vasconcellos Vicente S PO 114
Angel Mosquera Cornide S CO 113