![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||
SAN HUBERTO OURENSE | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Dispútanse en Xinzo de Limia o Campionato Provincial de Ourense de San Huberto e a Copa Galicia de Ourense de Cans de Parada | ||||||||||||||||||||||||||||||||
18/6/2010 | ||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() Os pasados 12 e 13 de xuño tiñan lugar no Tecor da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia o Campionato Provincial de Ourense de San Huberto e a Copa Galicia de Ourense de Cans de Parada, organizados pola Federación Galega de Caza en Ourense en colaboración coa Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia. O sábado 12 disputábase a Copa Galicia de Ourense de Cans de Parada, onde participaban un total de 14 cans: 5 de razas continentais e 10 de razas británicas. Ao remate da proba só Andrés Sánchez Fernández co seu SIM “Sadam” conseguía puntuar cunha calificación de Bo, sendo polo tanto o campión na categoría de razas británicas
| ||||||||||||||||||||||||||||||||