PERCORRIDOS CORUÑA
Antonio Iglesias Otero gaña en Rio Sar o Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza
14/6/2010

O pasado 13 de xuño disputábase no Campo de tiro “Rio Sar” en Vilouchada, Chaián (Trazo) a vixésimo o Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade Deportiva “Rio Sar”.

Na proba, que se disputaba a 100 pratos, participaban un total de 41 tiradores, sendo o gañador absoluto e Campión Provincial Antonio Iglesias Otero, que escachaba 83 pratos. O segundo posto era para Martín Baqueiro Villafines, da provincia de Pontevedra, que participaba por libre e escachaba 81 pratos. Terceiro clasificado foi Roberto Rodríguez Fernández, tamén da provincia de Pontevedra que escachaba igualmente 81 pratos.

Por categorías, o gañador en seniors era o propio Antonio Iglesias Otero. En veteranos vencía Ramiro Barral Mantiñán, quen escachaba 64 pratos, mentres que en superveteranos gañaba Angel Mosquera Rodríguez, que escachaba 78 pratos. Na categoría de xuvenís o primeiro era Pablo Diaz Somaza, con 42 pratos escachados.

CLASIFICACIÓN XERAL ABSOLUTA
Pos Tirador Cat Prov Pratos
Antonio Iglesias Otero S CO 83
Martín Baqueiro Villafines L PO 81
Roberto Rodríguez Fernández L PO 81
José Luis Sánchez Mancebo S CO 80
Angel Mosquera Cornide S CO 79