O martes 8 de xuño tiña lugar a xuntanza do Comité Galego de Caza, cuxos acordos servirán de base para confeccionar a “orde de vedas” que regule os períodos hábiles de caza das distintas especies cinexéticas para a inminente tempada de caza.
Dito Comité está formado polos diferentes representantes dos cazadores galegos, ecoloxistas e administración, todos eles baixo a presidencia de Ricardo García-Borregón Millán, Director Xeral de Conservación da Natureza.
Estas son as datas propostas polo Comité, sendo á Consellería do Medio Rural a quen corresponde aprobar a correspondente orde.
Período hábil con carácter xeral |
Dende o 17 de outubro ata o 6 de xaneiro
|
Días hábiles con carácter xeral |
Xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico
|
Adestramento de cans |
Dende o 2 de setembro ao 16 de outubro xoves, sábados, domingos e festivos. Do 17 de outubro ata o 6 de xaneiro xoves, domingos e festivos
|
CAZA MENOR |
Arcea e Agacha |
Dende o 17 de outubro ata o 6 de xaneiro. Tecores con plan aprobado ata o 6 de febreiro
|
Lebre |
Dende o 17 de outubro ata o 5 de decembro en terreos de réxime cinexético especial
|
Raposo |
En ganchos dende o 29 de agosto ata o 6 de febreiro. Tódalas modalidades dende o 17 de outubro o 6 de xaneiro
|
Paspallás |
Tempada hábil xeral. Nos Tecores da antiga lagoa de Antela, dende o 21 de agosto ata o 12 de setembro (sábados e domingos)
|
Pombo torcaz |
Tempada hábil xeral. Nos Tecores da antiga lagoa de Antela, dende o 21 de agosto ata o 12 de setembro (sábados e domingos)
|
Aves Acuáticas |
Período hábil xeral
|
Outras especies |
No caso dos tordos en periodo hábil xeral. Nos Tecores incluídos nos concellos de Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Tomiño, O Rosal e Tui increméntase este periodo ata o 30 de xaneiro.
|
CAZA MAIOR |
Corzo |
En axexo dende o 1 de abril ata o 31 de julio solo machos. En gancho, montería e axexo dende o 29 de agosto ata o 16 de octubre para os machos e dende o 26 de setembro ata o 16 de outubre máis o 23 de outubro para as femias
|
Xabaril |
Dende o 29 de agosto ata o 30 de xaneiro
|
Cervo, Gamo e Muflón |
En axexo dende o 12 de setembro ao 10 de outubro. Gancho e montería do 10 de outubro ao 20 de xaneiro
|