INCENDIOS |
Publícase no DOG a orde que determina a época de perigo alto de incendios |
4/6/2010 |
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se determina a época de perigo alto de incendios. Mediante esta norma, para este ano 2010 declárase o período comprendido entre o 1 de xullo e o 30 de setembro como de perigo alto de lumes forestais. Ao mesmo tempo, a Orde faculta tamén ao director xeral de Montes para ditar cantas instrucións sexan precisas para modificar estas datas e declarar como perigo alto outras épocas do ano, cando as condicións meteorolóxicas ou outras circunstancias agraven o risco de incendios. |