FESTA CAZA LUGO | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Portomarín acolleu un ano máis a Festa da Caza de Lugo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2/6/2010 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O pasado 30 de maio tiña lugar a décimo sexta edición da Festa da Caza de Lugo, que se celebra cada ano o derradeiro domingo de maio. Portomarín acollia unha vez máis esta festa que reúne os Campionatos Provinciais de varias modalidades nun só dia. José Manuel Yáñez Castro é o novo Campión Provincial de Cans de Rastro de Xabaril
René Vale García, con “Top”, gaña o Campionato Provincial de San Huberto Na modalidade de San Huberto celebrábase o XV Campionato Provincial onde o gañador absoluto da proba era René Vale García con “Top” (SIM), quen se proclamaba Campión Provincial. O segundo clasificado na proba era Rubén Boquete Varela con “Acio” (SIM), da provincia de A Coruña. Terceiro foi Andrés Pena Vázquez con “Rambo” (SIM), segundo clasificado provincial.
Andrés Pena Vázquez, con “Rambo”, gaña o XXII Trofeo Cidade de Lugo de Caza Práctica Na modalidade de Caza Práctica celebrábase o XXII Trofeo Cidade de Lugo, proba puntuable para a Copa Galicia da modalidade. O gañador da proba era Andrés Pena Vázquez, da provincia de Lugo, co seu can “Rambo de Bosende” que acadaba un Excelente. Segundo clasificado era o participante da provincia da Coruña José Sanmartin Pérez con “Ja da Chousa” cunha calificación de “Moi bo”. O terceiro posto era para Antonio Vilar Vigo, tamén da provincia da Coruña, quen con “Nei da Chousa” acadaba unha calificación de “Moi bo”
Manuel Villar Arroyo proclámase Campión Provincial de Percorridos de Caza Na modalidade de Percorridos de Caza disputábase o XV Campionato Provincial, que se disputaba sobre 100 pratos. O gañador absoluto da proba era José Antonio Vasconcellos Vicente, da provincia de Pontevedra, que escachaba 88 pratos. O segundo posto era para Roberto Rodríguez Fernández, tamén da provincia de Pontevedra que escachaba 88 pratos. Terceiro clasificado e primero da priovincia era Manuel Villar Arroyo, que remataba a proba con 86 pratos escachados. Na categoría de damas a gañadora da proba era Josefa Mariño Estévez, da provincia de Pontevedra que escachaba 54 pratos; en veteranos gañaba Emilio José López Mosquera, con 76 prato escachados.
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||