COMPAK SPORTING | ||||||||||||||||||||||||||||||
Antonio Iglesias Otero foi o gañador do Campionato Galego de Compak Sporting | ||||||||||||||||||||||||||||||
25/5/2010 | ||||||||||||||||||||||||||||||
O pasado 23 de maio disputábase no Campo de tiro “Rio Sar” en Vilouchada - Chaián, Trazo (A Coruña) o Campionato Galego de Compak Sporting, organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade Deportiva “Rio Sar”. A proba, que contaba cos tiradores clasificados dos seus respectivos Campionatos Provinciais, disputábase a 150 pratos. O gañador absoluto da proba e Campión Galego foi Antonio Iglesias Otero, da provincia de A Coruña, que escachaba 138 pratos. O segundo clasificado e subcampión foi Martín Baqueiro Villafines, da provincia de Pontevedra, que escachaba 130 pratos. O terceiro posto absoluto era para José Luis Sánchez Mancebo, que remataba a proba con 128 pratos escachados. Por categorías, o gañador en seniors era o propio Antonio Iglesias Otero. En juniors o campión foi Manuel Garrido Brito, da provincia de Pontevedra, ao escachar 103 pratos. En veteranos vencía Emilio López Mosquera, da provincia de A Coruña, quen escachaba 111 pratos, mentres que en superveteranos gañaba Angel Mosquera Rodríguez, tamén da provincia de A Coruña que escachaba 107 pratos. Por último na categoría de donas a gañadora era Josefa Mariño Estévez, da provincia de Pontevdra, con 84 pratos escachados.
| ||||||||||||||||||||||||||||||