COLABORACIÓN CAZADORES |
FEDENCA premiará aos cazadores que colaboren cos seus estudos |
12/5/2010 |
A Fundación FEDENCA da R.F.E.C. comezou unha serie de proxectos e estudos nos que precisa da participación do cazador para aportar mostras biolóxicas e diferentes datos sobre as cacerías nas que intervén. Esta colaboración permite coñecer datos imprescindibles para elaborar os estudos. Coa explotación destes datos e moestras desenrólanse algúns proxectos de investigación que non poderían facerse doutro xeito. Nestes momentos FEDENCA atópase densenrolando, entre outros, tres proxectos para marcar con criterios sólidos a caza destas especies de forma sostible:
FEDENCA ten a intención de incentivar e corresponder a colaboración altruísta dos cazadores ca enterga cada ano dunha serie de regalos de diversa entidade para alo menos un centenar de cazadores colaboradores. O primeiro sorteo celebrarase a finais de xuño e incluirá diversos regalos como unha escopeta, libros editados por FEDENCA, suscricións anuais a revistas de caza, premios de MutuaSport e outros. A intención é crear un clube de colaboradores de FEDENCA e realizar tódolos anos algún sorteo deste tipo e así incentivar aos cazadores a seguir realizando as suas aportacións e colaboracións cos estudos. Se vostede xa colaborou con Fedenca nalgún estudo, pode descargar a ficha de colaboración para a sua cumprimentación Para máis información poden dirixirse á páxina web oficial da Real Federación Española de Caza www.fecaza.com |