RASTRO XABARIL | ||||||||||||||||||||||||
A cuadrilla de Antonio Castro Fernández gaña en Ortigueira a II Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril | ||||||||||||||||||||||||
11/5/2010 | ||||||||||||||||||||||||
O pasado sábado 8 de maio disputábase no Tecor “Ortegal” en Ortigueira (A Coruña) a II Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril, que organizaba a Sociedade de Caza “Ortegal” en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña. A inscrición alcanzou as 29 cuadrillas inscritas, sen embargo o máximo de admitidas foi de 14 cuadrillas con seis cans cada unha. Todas elas levantaron algún xabaril no monte, gracias a un rastro abundante. A cuadrilla gañadora da proba foia de Antonio Castro Fernández, de As Pontes (A Coruña), que acadou 1033 puntos. Seguiuna a de Pedro Ramos Casas, de Xove (Lugo) que rematou con 1010 puntos. O terceiro posto foi para a cuadrilla de Carlos Novo Anllo, da Terra Cha (Lugo), con 879 puntos. O premio ao mellor can foi para “Deco”, da cuadrilla de Carlos Novo Anllo que acadou 192 puntos.
| ||||||||||||||||||||||||