SEGREGACIÓN |
Segréganse varios montes no Tecor de Forcarei |
24/3/2010 |
En virtude do artigo 14.2 da Lei 4/07 de Caza de Galicia, a Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería do Medio Rural fixo onte pública, a través do Boletín Oficial de Pontevedra, a segregación de varios montes integrados no Tecor PO-10.142 "Forcarei" do Concello de Forcarei (Pontevedra). Foron as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de Lamacega e Besticodo de Doade, Abeleira, Alén, Framia e Correa, do concello de Beariz, quen solicitaron ao Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Rural a sua segregación do citado Tecor. O expediente estará dispoñible para todos os interesados no Servizo de Conservación da Natureza sito na rúa Fernández Ladreda, 2ª planta, en Pontevedra, durante un mes desde a data de publicación do edicto. |