INCENDIO |
Afectadas 25 hectáreas por un lume forestal no concello pontevedrés de Silleda |
15/3/2010 |
Os labores de extinción remataron ás catro da mañá do pasado sábado A Consellería do Medio Rural informa nun comunicado dun incendio na parroquia de Refoxos, do concello pontevedrés de Silleda, que quedou controlado pouco antes das catro da mañá do sábado [de venres a sábado]. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada polo lume sitúase en torno ás 25 hectáreas (0,25 quilómetros cadrados), todas elas de raso. No control deste lume traballaron 3 axentes forestais, 5 brigadas (compostas por entre 5 e 7 persoas), e 2 motobombas. Cómpre salientar que, debido á tardega hora de inicio do lume, non se puideron mobilizar medios aéreos. Os labores de control e extinción comezaron pasadas as 19:35 horas do venres día 12, quedando controlado o lume pouco antes das 03:20 horas do sábado día 13, e se dou por rematado ás 03:55. Fonte: Consellería do Medio Rural |