RESERVA BIOSFERA |
Galicia participou no encontro do Comité Español para a mellora das reservas da Biosfera de toda España |
8/3/2010 |
Nesta xuntanza, celebrada hoxe en Madrid, abordáronse diversos temas para adecuar a xestión destes espazos protexidos. A nosa Comunidade estivo representada polo director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural O director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón, asistiu esta mañá en Madrid á 7ª reunión do Comité Español del Programa del Hombre y la Biosfera (Mab). O Comité Español estudou a posibilidade de establecer un método para crear un produto turístico diferenciado pola súa ubicación nunha selección de territorios, a Rede de Reservas da Biosfera Españolas, onde sexa posible coñecer e gozar do patrimonio natural modelado polas actividades humanas a as singulares mostras de patrimonio etnográfico. Na orde do día abordáronse diversos temas como a designación do representante das Universidades de Andalucía no Consello Científico, os informes do Consello Científico e o Consello de Xestores de Reservas da Biosfera, así como información da Dirección General de Desarrollo Sostenible del Medio Rural sobre o marco dos Convenios de colaboración para a realización de actuacións de apoio á coordinación e ao desenvolvemento sostible en reservas da biosfera. PAMO 2009-2013 Reservas da Biosfera Fonte: Consellería do Medio Rural |