CAZA RAPOSO
A cuadrilla lucense “Parrilla Antonio” gaña o Campionato Galego de Caza de Raposo
19/1/2010

O pasado 16 de xaneiro celebrábase nos montes da zona de A Cañiza (Pontevedra) o Campionato Galego de Caza de Raposo, organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración coas Sociedades de Caza de A Cañiza e Santa Bárbara de As Neves.

Participaban na proba 16 cuadrillas clasificadas para esta proba do seguinte xeito: 4 pola provincia de A Coruña, 3 pola provincia de Lugo, 3 pola provincia de Ourense, e 4 pola provincia de Pontevedra previamente clasificados dos respectivos campionatos provinciais, ademáis do campión da edición anterior, o 1º clasificado da Copa Federación 2008 e mailo o 1º clasificado da Copa Galicia 2009.

Rematada a proba, era a cuadrilla “Parrillada Antonio” da Sociedade de Caza Sta Maria Alta, da provincia de Lugo, a que se proclamaba Campiona Galega tras capturar un raposo. O podio quedaba do seguinte xeito:

CLASIFICACIÓN
Pos Cuadrilla Sociedade Prov. Capturas
Parrillada Antonio Sta María Alta LU 1 raposo
Os Furtivos Venatoria Bergantiños CO 1 raposo
San Roque de Coristanco Coristanco CO 1 raposo