OBSERVATORIO CAZA |
A FederaciĆ³n Galega de Caza presenta o libro sobre o corzo |
22/12/2009 |
O pasado venres o Presidente da Federación Galega de Caza, acompañado do Director Xeral de Conservación da Natureza e do Coordinador do Grupo Corzo da RFEC e coautor da publicación, presentaban na Facultade de Veterinaria de Lugo o libro O Corzo, aspectos biolóxicos e aproveitamento cinexético, último traballo publicado polo Observatorio Galego da Caza. O traballo estivo conducido polo profesor deste centro Luis Eusebio Fidalgo Álvarez. O coordinador, durante a presentación, sinalou que ésta é unha obra de divulgación sinxela, cunha linguaxe moi simple e con información obxectiva e veraz, ca única pretensión de contribuir ao coñecemento desta especie, tanto dende o punto de vista biolóxico como do seu aproveitamento cinexético, para que calquer persoa, non somentes os cazadores e os amantes da natureza, sexan capaces de identificar a un corzo. Fidalgo aproveitou a presentación para agradecer as aportacións do resto de autores do libro: José Manuel López Martínez, José Manuel Gonzalo Cordero, Antonio Gonzalez Chaín, insistindo en que todos estos estudos realízanse «en beneficio das especies e a caza». O Director Xeral de Conservación, García-Borregón destacou a importancia da caza como actividade de desenrolo socio-económico en Galicia, e do corzo en particular que ocupa o segundo lugar por detrás de Castela León como potencia cinexética no que a este cérvido se refire. Ademáis, o Director Xeral de Conservación da Natureza reiterou o peso que ten Lugo nesta actividade, afirmando que «falar do corzo en Galicia e falar da provincia lucense», e comprometiuse a intensificar os traballos que permitan reconducir a situación que con respecto ao corzo se vive actualmente na reserva de caza dos Ancares que, segundo dixo, pode deberse a «múltiples causas». |