CAZA ARCEAS
José Ramón Muíño Álvarez gaña o Campionato Galego de Caza de Arceas
9/12/2009
O pasado sábado 5 de decembro celebrábase nos Tecores “Ortegal” e “Mañón” das Sociedade de Cazadores Ortegal e Mañón respectivamente, en Ortigueira (A Coruña), a décimo cuarta edición do Campionato Galego de Caza de Arceas, organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade de Cazadores “Ortegal”. Participaban neste campionato galego os cazadores clasificados dos seus respectivos campionatos provinciais: 6 por Coruña, 5 por Lugo, 4 por Ourense e 6 por Pontevedra, ademáis do último Campión Galego da modalidade, sumando un total de 22 participantes, que comezaban puntualmente a sua participación ás 9.00h. Rematada a proba, era o cazador coruñés José Ramón Muíño Álvarez quen se proclamaba Campión Galego ao ser o único participante en capturar unha arcea. O participante pontevedrés Andrés Pereira Pereira remataba segundo clasificado da proba mentres que o terceiro era o tamén representante pontevedrés Valentín Álvarez Expósito, ambos sen capturas.

CLASIFICACIÓN
Pos Cazador CAPTURAS Puntos
José Ramón Muíño Álvarez 1 arcea 500
Andrés Pereira Pereira - 0
Valentín Álvarez Expósito - 0
Víctor Moreira Graíño - 0
Emilio Ferreira Martínez - 0