DANOS LOBO |
Medio rural publica a orde que regula as axudas por danos producidos polo lobo |
9/12/2009 |
A Consellería do Medio Rural publica hoxe, 9 de decembro no DOG, a orde do 30 de novembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo, e se convocan para o ano 2010. Poderanse acoller a estas axudas os propietarios de gando afectado por ataques de lobos dentro da comunidade autónoma. O gando deberá pertencer a unha explotación incluída no rexistro xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia, estar identificado e saneado de acordo coa normativa aplicable para o efecto, agás no caso do gando cabalar, que soamente deberá estar identificado individualmente. |