XESTIÓN COELLO
Reunión da Comisión para a Xestión do Coello de Monte
4/12/2009
O 30 de novembro tiña lugar nos locais da RFEC, sede de Fedenca, a reunión anual da Comisión para a Xestión do Coello de Monte que esta coordinada por Manuel Martínez.

Á primeira reunión desta xoven Comisión estaban citados un bo elenco de expertos na Xestión do Coello de Monte, sabendo dende o comenzo que eles son un aspecto fundamental á hora de establecer os cimentos deste grupo de traballo e os mellores orientadores para dar os pasos no futuro.
Neste primeiro encontro participaron e espuxeron os seus puntos de vista diante dos responsables de Fedenca os científicos Carlos Calvete, Carlos Díez, Carlos Rouco, Vicente Piorno, Emilio Virgós, Sara Cabezas, Francisco J. García, Pedro González, Tomás Merchán e Francisco Sánchez. A Comisión preve reunirse con outros expertos que por unha ou outra causa non poideron estar presentes nesta reunión.

Nun ambente moi distendido puxeronse sobre a mesa infinidade de aspectos, todos eles relacionados coas cuestións fundamentais á hora de xestionar as poboacións do coello de monte. Cada un dos asistentes fixo unha radiografía actual das distintas situacións polas que atravesan as poboacións do coello de monte ao longo e ancho de todo o territorio nacional destacando que a día de hoxe a situación é moi dispar, posto que nalgunhas zonas acada a categoría de praga e noutras está prácticamente desaparecido. 

Tamén foron obxeto de análise novos datos, así, como a situación na que se atopan os últimos e máis novidosos estudos e traballos  que se están desenrolando a día de hoxe sobre este lagomorfo. Informouse os asistentes da situación na fase de proba de campo da vacuna recombinante sobre a que se informara en breve a tódolos cazadores.

Unha vez establecido un diagnóstico da situación actual, na que se apreciaron certos avances pero tamén algunhas deficiencias, estableceuse  un plan de traballo para esta Comisión sobre a Xestión do Coello de Monte que comenzará a ver a luz en breve coa publicación das conclusións deste primero encontro.

A principios do  próximo ano concretaranse as accións e proxectos a desenrrolar por parte da Comisión de cara a aportar o seu grao de area nesta complicada tarefa que supón a xestión das poboacións do Coello de Monte.