ARCEAS
Víctor Moreira Graíño é o vencedor do Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas
23/11/2009

O pasado 21 de novembro celebrábase no Tecor “Mañón”, da Sociedade de Caza “Venatoria Mañón”, o Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña  en colaboración coa Sociedade de Caza “Venatoria Mañón”.

A proba, que contaba cun total de 33 participantes, remataba con Víctor Moreira Graíño gañador ao capturar unha arcea co seu can "Astro", e proclamándose polo tanto Campión Provincial. Segundo clasificado era Emilio Romero Castro, quen capturaba tamén unha arcea. Tamén unha arcea capturaba o terceiro clasificado, José Ramón Muíño Álvarez.

CLASIFICACIÓN
Pos Cazador CAPTURAS Puntos
Victor Moreira Graíño 1 arcea 500
Emilio Romero Castro 1 arcea 500
José Ramón Muíño Álvarez 1 arcea 500
Miguel A. Caruncho Campanario 1 arcea 500
Marcos Estévez Rivas 1 arcea 500

Os seguintes cazadores clasifícanse para o Campionato Galego da modalidade, que se disputará o vindeiro 5 de decembro: Víctor Moreira Graíño, Emilio Romero Castro, José Ramón Muíño Álvarez, Miguel A. Caruncho Campanario, Marcos Estévez Rivas e Juan M. Carou Rey.