ARCEAS
Emilio Ferreira Martínez é o novo Campión Provincial de Pontevedra de Caza de Arceas
23/11/2009

 O pasado 21 de novembro celebrábase no Tecor da Sociedade de Cazadores “A Laxe”, no Concello de Pazos de Borbén, o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Arceas, organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra  en colaboración coa Sociedade de Cazadores “A Laxe”.

A proba, que contaba cun total de 25 participantes, remataba con Emilio Ferreira Martínez gañador ao capturar unha arcea, e proclamándose polo tanto Campión Provincial. Segundo clasificado era Andrés Pereira Pereira, quen capturaba tamén unha arcea, ao igual que Adelino Oliveira Lorenzo, que remataba no terceiro posto.

CLASIFICACIÓN
Pos Cazador CAPTURAS Puntos
Emilio Ferreira Martínez 1 arcea 500
Andrés Pereira Pereira 1 arcea 500
Adelino Oliveira Lorenzo 1 arcea 500
Valentín Álvarez Expósito 1 arcea 500
José Carlos Morgade Diz 1 arcea 500

Os seguintes cazadores clasifícanse para o Campionato Galego da modalidade, que se disputará o vindeiro 5 de decembro: Emilio Ferreira Martínez, Andrés Pereira Pereira, Adelino Oliveira Lorenzo, Valentín Álvarez Expósito, José Carlos Morgade Diz e Diego Rodríguez Otero.