ARCO |
Martín Martínez en Percorridos e a parella formada por Antonio Fitor e Jaume Borberá en Voo, campións de España de Arco |
14/10/2009 |
Organizado pola Real Federación Española de Caza e a Federación Galega de Caza en colaboración co Clube Poutomillos Breogán (Lugo), os pasados dias 11 e 12 de outubro disputouse o Campeonato de España de Arco. O sábado disputábase a décimo terceira edición do Campeonato de España de Recorridos de Caza con Arco, na que participaban 92 arqueiros chegados dende diferentes lugares da xeografía española, quen tiveron que enfrontarse ás 8 propostas das que constaba a competición. Divididos en patrullas, os arqueiros foron participando en cada unha destas propostos nas que tiñan que localizar, confirmar, apuntar e disparar as frechas sobre as diferentes siluetas nun tempo determinado. As sumas das puntuacións acadadas en cada proposto daba unha puntuación final na que o arqueiro vasco Martín Martínez Garrido acadou 243 puntos, que lle deron o primeiro posto desta proba nacional, proclamándose campión de España. O primeiro galego en categoría absoluta era Jaime Villaverde Balado, na 10ª posición. En categoría senior clase arco asistido o primeiro era Martín Martínez (País Vasco), en tradicional Carlos Manuel Álvarez (Extremadura) e en longbow Luis Caídas (Castela e León). En categoría damas en clase arco asistido a gañadora era Silvia Miralles (Murcia) e en tradicional Nuria Ortega (Castela e León). A galega Dolores Bugarín Codeseda remataba no 4º posto. En categoría junior en clase arco asistido quedou campión o andaluz Nelsón Pareja, en tradicional Víctor Fernández e en longbow Maria Eugenia Martín (Madrid). O domingo dia 11 tiña lugar a décimo cuarta edición do Campeonato de España de Caza con Arco al vuelo, na que competían doce parellas representando ás federacións autonómicas de Murcia, Extremadura, Madrid, A Rioxa, Castela e León e Galicia. A proba desenrolouse nos terreos do Tecor Santa María Alta, un escenario típico de caza en Galicia, nunha carballeira tupida con soutobosque de silvas e pequenos arbustos, que deron cobixo ás codornices de granxa empregadas neste campionato. Cada parella servida cun can de mostra e acompañada polo seu respectivo xuiz, participou por espazo de tres horas, cun cupo de dez codornices por parella. Merece especial significación a grande pericia amosada polos arqueiros participantes, xa que non resulta nada fácil abater unha peza dun diámetro de escasos seis centímetros, e moito menos voando. Os arqueiros auxílianse indiferentemente segundo o gusto persoal de arcos: tradicionais, asistidos “de poleas” ou longbow “largos”. Segundo se puido constantar, a meirande parte dos arqueiros da modalidade opta polo arco tradicional ou polo longbow, pois ao ser o tiro máis instintivo que de precisión son os que máis se adaptan. As frechas empregadas para a caza ao voo teñen como característica especial a punta sobredimensionada cunha especie de margarida plana de aramio de aceiro, dunhas dimensións aproximadas ás de a peza voando. Non transcorreran máis de cuarenta e dous minutos cando se fixo entrada no control, a parella da Federación Murciana integrada por Antonio Fitor Serrano e Jaume Borderá Alcaraz, acompañados por unha setter inglés de nome “Llum”, co cupo de dez codornices abatidas y proclamábanse Campións de España, batendo ademáis o récord da proba, ao facelo en tan só cuarenta e dous minutos e sete segundos. A parella galega formada por Jaime Villaverde Balado e Eugenio Casal Rodas acompañados polo setter inglés “Pol” rematou no sexto posto da clasificación. |