FEDERACIÓN
A Consellería de Medio Rural e a Federación Galega de Caza firman un convenio de colaboración
9/10/2009

A Federación Galega de Caza ven de firmar un convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural. Por medio deste acordo a Consellería prestará a súa colaboración facendo unha achega económica, para a realización de actividades e estudos que desenvolve a Federación tendentes a mellora da actividade cinexética e ambiental. Estas actividades cuio destino son as sociedades de caza e cazadores galegos abarcan varias liñas de traballo. Dentro do  Observatorio da Caza, vaise avanzar en importantes estudos sobre a socioeconomía da caza, e en outros sobre a sanidade, tanto das especies silvestres como de enfermedades das que poidan ser transmisores. Outro capitulo importante que recolle o convenio e o dedicado a formación e información de cazadores e responsables de sociedades de caza.

Este convenio enmarcase na colaboración institucional e necesaria sinerxia para abordar asuntos tendentes a mellora da actividade cinexética, dentro do interese xeral, así como para buscar a maior eficiencia na utilización dos recursos, tanto materiais como humans.