IX DIA GALEGO DA CAZA |
O pasado fin de semana (sábado 30 de xuño), nun coñecido restaurante compostelán, dábanse cita máis de 300 cazadores para celebra-la súa gala bianual, a novena edición do DÍA GALEGO DA CAZA, acto de irmandade dos cazadores galegos ao longo do cal faise entrega dos PREMIOS GALEGOS DA CAZA aos mellores deportistas, sociedades, organismos públicos, autoridades, medios de comunicación, e a aqueloutros que de xeito individual ou colectivo máis contribuíron a impulsar, promover e difundi-lo deporte cinexético. |