O galego Diego Antelo Noya, terceiro xuvenil no Campionato de España de Compak Sporting |
Os dias 1, 2 e 3 de Xuño tiña lugar no Campo de Tiro ‘Cortijo Carrero’ de Benamejí (Córdoba) a décima edición do Campionato de España de Compak Sporting. O campion galego da modalidade, Diego Antelo Noya, remataba terceiro na clasificación de xuvenís, escachando un total de 169 pratos. |