Revista de Prensa


· 18/3/2010

Efectivos do Servizo de Defensa Contra Incendios Forestais extinguiron onte un lume declarado no municipio ourensán de Ramirás, que afectou a 48 hectáreas de superficie da que só unha hectárea era arborada, segundo as primeiras estimacións da Consellería de Medio Rural. Nun comunicado informou de que os labores de control e extinción do incendio forestal se iniciaron ás 20.46 horas de antonte na parroquia de Rubiás e prolongáronse ata as 5.15.