![]() |
CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE |
O lote propiedade do cántabro Damián Gómez foi o campión da quinta edición da proba de lebre |
21/04/2025 |
V Proba de Cans de Rastro sobre Lebre Un ano máis, e van cinco, arrincaba a afamada Proba de Cans de Rastro sobre Lebre, desputada o 16 de abril e baixo a organización da Federación Galega de Caza da Coruña e á colaboración dos acoutados das sociedades de caza Halcón de Mazaricos e Cinexética Carnotana de Carnota. Sociedades de caza que puxeron á disposición os seus terreos para que os participantes e cans desfrutasen dunha gran xornada cinexético deportiva. Proba que se desenrolou baixo unha intensa choiva que fixo complexo o seguimento do rastro da lebre pero que non impediu fermosas prestacións dos cans participantes, algún deles chegados de fora das fronteiras galegas. Rematada a competición foi o Director da Proba, Xulián Gandarela, o que deu a coñecer a clasificación final resultando como segue a continuación: O cántabro Damián Gómez Cobo co lote composto por “Romario”, “Farruca”, “Pinto”, “Reina”, “Única e “Divina” obtiña o primeiro posto da clasificación xeral con 681 puntos (media de puntuación de 113,5) auxiliado polo conductor Honorio Fernández. O segundo posto foi para o asturiano Juan Carlos Álvarez Álvarez participando cos cans de nome “Pulga”, “Mopra”, “Sola” e “Linda” obtiña 431 puntos (media de puntuación de 108). O bronce foi para o lote propiedade do galego Sergio García Costoya conformado por “Google”, “Windos”, “Simba”, “Zizu”, “Ria” e “Lista” e 623 puntos (media de puntuación de 104). A cadela “Pulga” do subcampión Juan Carlos Álvarez Álvarez foi galardoada co premio ao Mellor Can con 120 puntos. Esta proba contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Mazaricos e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion. |