XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
Manuel Piñeiro con “Zidane” gañador en Ferrolterra
14/04/2025

VII Proba de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe

O pasado 12 de abril e baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e contando coa inestimable colaboración das Sociedades de Caza de Xuvia, Urogallo e Valdoviño tivo lugar a sétima edición da Proba de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe. Unha proba que, ao igual que en edicións anteriores, foi todo un éxito en canto a participación e o desenrolo satisfactorio da mesma ao tempo que foi puntuable para a Copa Galicia da especialidade. 

A proba trascorreu sen imprevisto e, apesar da incertidume inicial polas condicións climáticas previstas, a xornada foi extraordinaria para o rastrexo do xabaril o cal propiciou prestacións de enorme calidade.

O Director da Proba, Secundino Carballo, deu a coñecer a clasificación final destacando que a fase final foi desputada polos dous monteiros mellor clasificados de cada campo. Clasificación:

1° Manuel Piñeiro con “Zidane” e 239 puntos

2° Rubén Ferreiro con “Sil” e 232 puntos

3° Jorge Rial con “Risitas” e 230,5 puntos

4° Álvaro Edreira con “Veron” e 230 puntos

5° Pablo Ferreiro con “Puskas” e 228 puntos

6° Daniel López con “Moruco” e 222,5 puntos

7° Joaquín Ferreira con “Yaco” e 211 puntos

8° Samuel Toledo con “Arabia” e 198,5 puntos

Na clasificación Junior o campión foi Hugo Caruncho con “Pulga” e un total de 227 puntos. A plata foi para Oscar Fernández que participou con “Sil” e obtivo unha puntuación de 225 puntos. Con 222 puntos o terceiro posto era para Erik Iglesias con “Chita”. O resto de clasificados destes pequenos pero grandes monteiros resultou como segue a continuación: Asier Nuñez con “Maya”, Alejandra Arnoso con “Pedri”, Antón Rey con “May”, Brais Gómez con “Chanclas”, Paula Rodríguez con “Duque” e Brais Paz con “Cholo”.

Coa entrega de premios púxose punto e final a esta edición non sen antes dar un agradecemento especial, por parte da organización, aos guías por todo o traballo realizado tanto o día da competición como nos días anteriores.

Este campionato contou coa colaboración do Concello de Valdoviño e Ferrol e co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.