![]() |
PROVINCIAL CORUÑA PERCORRIDOS CAZA |
Antonio Iglesias proclamouse campión provincial de percorridos de caza |
07/04/2025 |
Campionato Provincial da Coruña de Percorridos de Caza O campionato provincial da Coruña de Percorridos de Caza tivo lugar no día de onte, 6 de abril, no Campo de Tiro Río Sar. Todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e contando coa colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar. Con máis de 60 tiradores inscritos comenzaba esta fase provincial a 100 pratos con diferentes traxectorias e distancias de tiro. Un campionato no cal as marcas non foron moi elevadas debido, a bo seguro, á falta de rodaxe dos tiradores nestas primeiras probas da tempada de tiro. O campión da Clasificación Xeral e tamén campión provincial foi o senior Antonio Iglesias Otero que rematou o percorrido con 92 pratos. O segundo clasificado e, ata onte, vixente campión provincial foi Daniel Cebreiro García que rematou a tirada cun total de 89 pratos escachados. Con tamén 89 pratos, a medalla de bronce da xeral e provincial era para Rubén Boquete Varela. Na categoría Senior o segundo mellor clasificado era José Suárez Rodríguez con 81 pratos. O bronce era para o tirador lucense Vicente Insúa López con 79 pratos. José Luis Sánchez Mancebo era o terceiro clasificado do provincial con tamén 79 pratos. En Veteranos o primeiro posto era para Antonio Castro Ferreiro con 78 pratos. Eliseo Faraldo Fernández e Manuel Magide López eran o segundo e terceiro clasificados, con 68 e 52 pratos respectivamente. Na categoría de Máster o mellor clasificado era José María González Rodríguez con 64 pratos, en Adaptados o campión era Artemio Formoso Barro con 79 arxilas e en Iniciados o primeiro posto era para Francisco Roquete Caamaño con 60 pratos. Este Campionato Provincial contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport. |