![]() |
XABARIL KARSITA |
O monteiro Francisco Rodeiro acada o primeiro posto con “Pistolas” en Vilagarcía |
07/04/2025 |
Proba Puntuable para a Copa Galicia da especialidade Cans e monteiros citáronse, o 29 de marzo, en Vilagarcía de Arousa para participar na edición XIV da Proba de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril “Xunta de Galicia” organizado polos Trailleros do Salnés e coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Caza de Karsita e a Federación Galega de Caza de Pontevedra. Alto nivel e partipación deu como resultado extraordinarias prestacións do binomio monteiro – can no rastrexo do xabaril, sendo José Ángel Pereira Renda o Director da Proba. Foi o participante Francisco Rodeiro o que co seu can de nome “Pistolas” acadase o primeiro posto da clasificación final con un total de 243,5 puntos. O segundo posto era para Julio Ferradás co can “Copi” con 237 puntos. O actual campión de España da especialidade, Antonio Sánchez, obtivo o bronce con “Chico” e 228,5 puntos. Esta proba contou co patrocinio e colaboración de Pensos Os Bichoucos, Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport. |