PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO
Edelmiro Leira, Juan José Canosa e Lidia Almeida campións provinciais de San Huberto
24/03/2025

Campionato Provincial da Coruña de Caza San Huberto

O pasado sábado 22 de marzo, chegaba unha edición máis da fase provincial da Coruña da disciplina de Caza San Huberto na que se puxo en xogo as respectivas plazas de acceso para o Campionato Galego da especialidade.

A Federación Galega de Caza da Coruña, e sempre coa colaboración da sociedade de caza correspondente, desprazouse nesta ocasión ao Tecor de Ortegal para desputar o provincial de Caza San Huberto que nesta edición tiña a categoría de proba aberta.

O cazador Edelmiro Leira facíase co título deste provincial ao compretar un extraordinario percorrido coa cadela “Dama da Ardila”. Juan José Canosa, campión da edición anterior, participou coa pointer “Nike da Chousa” e obtivo o segundo posto da xeral. O bronce era para a cazadora Lidia Almeida participando con “Dilam de Piago”. 

En Springers o primeiro posto e polo tanto campión foi Juan José Canosa con “Chispa” seguido en segunda posición por Edelmiro Leira con “Javi”. O bronce era para Victor Varela con “Ulisse”.

En Donas a campiona era Lidia Almeida de Oliveira que participaba co setter inglés “Dilan de Peago”  e o  segundo posto era para Nuria Varela Painceiras.

Este Campionato Provincial contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arion e Mutuasport.