![]() |
TEMPADA DE CAZA 2025/2026 |
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2025/2026 |
06/03/2025 |
No día de hoxe, xoves 6 de marzo, tivo lugar a xuntanza do Comité Galego de Caza, cuxos acordos servirán de base para confeccionar a “Orde de Vedas” que regula os períodos hábiles de caza das distintas especies cinexéticas para a vindeira tempada 2025/2026. Dito comité tamén foi un receptor das diferentes propostas presentadas pola Federación Galega de Caza, todas elas con fin de favorecer os intereses da caza, das sociedades de caza e dos cazadores galegos. Como en anos anteriores, o Comité Galego de Caza estivo composto polos diferentes representantes dos cazadores galegos e das sociedades de caza, entre os que se atopaban os presidentes provinciais da Federación Galega de Caza, e todos eles encabezados polo presidente da FGC, Luis Eusebio Fidalgo; así como representantes da administración autonómica e a Directora Xeral de Conservación da Natureza, con Marisol Díaz, ao fronte. Rematada a xuntanza todo apunta a que serán mínimas as modificacións da vindeira Orde de Vedas con respecto aos exercicios cinexéticos anteriores no tocante ás modalidades e aos periodos hábiles de caza das diferentes especies. Destacamos a proposta de apertura da tempada xeral o vindeiro 19 de outubro e, como xa ven sen habitual, rematando o 6 de xaneiro de 2026. No tocante ás batidas ao xabaril estas comenzarán o 16 de agosto e rematarán o 22 de febreiro de 2026. Queda todo emprazado para que sexa a Consellería do Medio Ambiente a que fixe, coa publicación da Resolución de Vedas, as regras que rexerán a práctica cinexética na nosa comunidade. ![]() |