FORMACIÓN
Xornada de Cans de Caza
24/02/2025

A Federación Galega de Caza na Coruña ven de anunciar unha xornada formativa destinada aos cans de caza. 

Dito evento terá lugar o vindeiro 28 de marzo na Casa da Cutura de Ordes e nela abordaranse temas de máximo interese no tocante aos nosos fies compañeiros cinexéticos.

Normativa legal en base a lei de Protección e Benestar dos animais de compañía, coidados dos cans (alimentación, vacinación, identificación e primeiros auxilios) e as canceiras particulares e deportivas; serán as temáticas abordadas desta xornada formativa.

Estas xornadas están dirixidas a todos os cazadores e cazadoras da provincia da Coruña.

As inscricións, gratuitas e nominais, realizaranse ata o 25 de marzo ou ben ata completar aforo (160 persoas) chamando ao 981 702 957 ou no mail: coruna@federaciongalegadecaza.com

Descargar programa