![]() |
CANS DE PARADA SOBRE ARCEA |
A setter inglés “Gala da Brisa” de Higinio Rodeiro foi a mellor calificada |
11/02/2025 |
VII Proba de Cans de Parada sobre Arcea “Xunta de Galicia” O pasado 8 de febreiro tivo lugar a VII Proba de Cans de Parada sobre Arcea “Xunta de Galicia” organizada pola Federación Galega de Caza na Coruña e celebrada nos terreos das Sociedade de Caza de Cedeira-Cerdido e Ortegal. A competición transcorreu nuns montes idóneos para esta especialidade de cans de parada sobre arcea. Ata un total de 25 cans participaron na mesma e amosaron un bo facer na búsqueda e mostra da migratoria. A proba estivo xuzgada por Jose Ángel Seco Alvite e o auxiliar Antonio Fraga Temprano, sendo a Directora da mesma Cristina Sanmartín Porca. Foi a setter inglés “Gala da Brisa” propiedade de Higinio Rodeiro González a que obtivo unha mellor calificación cun 1º MB, seguida do macho de setter inglés de nome “Trono” propiedade de Víctor Fuentes Mella cun 2º MB. O terceiro posto era para o tamén macho de setter inglés “Nes de Bosende” propiedade de Andres Pena Vázquez. O cadelo de menos de 24 meses de idade que obtivo a mellor calificación foi o setter inglés “Mini do Voltairo” propiedade de Julio Aneiros Pardo. Nun ambente de coordialidade púxose fin á xornada coa entrega de trofeos e a clausura do acto por parte das autoridades presentes. Esta proba contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion. |