UFEDEGA |
Javier Nogueira nomeado presidente da Unión de Federacións Deportivas Galegas |
28/01/2025 |
Ante a marcha de Rafael Louzán da Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) debido a súa elección na Real Federación Española de Futbol, a UFEDEGA iniciou o proceso de remuda da súa presidencia e xunta directiva que acaba de rematar. Javier Nogueira Diz, expresidente da Federación Galega de Caza, acaba de ser nomeado como novo presidente de dita asociación que engloba ao 95% dos deportistas federados da nosa comunidade. Dende a FGC alentamos e damos a noraboa a Javier Nogueira Diz que, a bo seguro, non escatimará en traballo e esforzo en prol do deporte galego e da UFEDEGA. |